Roza do BNG no Rato con seu voceiro municipal ao fronte

Rubén Arroxo trocou a actividade política pola funda e un aveño de corta

.

lugo / la voz

O concelleiro e portavoz do BNG no consistorio lugués, Rubén Arroxo, substituíu onte pola tarde a súa actividade política habitual por a máquina de rozar para levar a cabo, xunto con outros militantes da formación nacionalista, a limpeza simbólica dun sendeiro que une o paseo do Miño co do Rato. «A principios de agosto reclamamos por última vez que se fixera a roza nesta zona, pero non se fixo nada. Como ninguén actúa optamos por facelo nós», explicou o voceiro nacionalista.

Para o concelleiro non e aceptable que se deixe pechar un camiño pola maleza. A situación era tal que non se podían cruzar dúas persoas, «nun camiño que cando está limpo ten un ancho cómodo e seguro». «Compre ter en conta -aclarou Arroxo- que é un tramo curto de 300 metros e que non supón ningún esforzo económico para a administración mantelo totalmente despexado e apto para o paseo cómodo”

Votación
8 votos
Comentarios

Roza do BNG no Rato con seu voceiro municipal ao fronte