Xoán Vila presenta unha foliada artística

LUGO

A exposición estará aberta na Capela de Santa María ata o 17 de setembro

11 ago 2017 . Actualizado a las 22:05 h.

Ata o 17 de setembro poderase ver a última exposición do artista lucense Xoán Vila, cuxo título xa define a intencións da mostra: A foliada. «Quixen escenificar coas pezas que presento unha foliada, e así amoso a unión da xente, os abrazos, os bailes, os cariños...», explica Vila. 

Para levar a cabo esta mostra, o artista lucense estudou previamente a propia Capela de Santa María para logo adaptar as pezas que se presentan hoxe, tanto con respecto ao tamaño como á distribución das mesmas. «Pretendía expresar a cultura popular galega a través dunha foliada, que é unha maneira de amosar o agarimo e a amizade».

Todas as pezas -algunha delas, como a titulada «Agarimo», é de máis de dous metros de altura e 600 quilos- son orixinais e preparadas para a exposición. Poderase visitar de luns a venres, de 10.30 a 14.30 e de 17.00 a 20.00 horas e as fins de semana e festivos de 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00.