Festiulloa celebrarase entre o 3 e o 6 de agosto

L.L.

LUGO

Música clásica na comarca da Ulloa

04 ago 2017 . Actualizado a las 17:20 h.

A Asociación Quercus Sonora de Antas de Ulla organiza concertos de cámara nunha ermita, un centro social e no Castelo de Pambre. Festiulloa cumpre dez anos levando a música clásica ás aldeas da Ulloa.

- Día 3, 19.00h. Visita aos petróglifos do Monte Farelo coa experta Cristina Varela.

- Día 4, 20.30h, Casa escola de Peibás. Concerto de cámara: Sexteto de Johannes Brahms e Quinteto de Franz Schubert.

- Día 5, 10.00h. Excursión ás fincas custodiadas por Quercus Sonora. Bosques da Ulloa.

12.30h, Ermita de Pontemercé. Recital de guitarra clásica: Dimitri van Halderen.

20.30h, Castelo de Pambre. Concerto do coro Maestro Barbieri e orquestra.

- Día 6, 12.45h, Igrexa de Monterroso. Concerto do coro Maestro Barbieri.