Outeiro de Rei celebra o Convivio da Cultura Galega
08 jul 2017 . Actualizado a las 13:31 h.Outeiro de Rei converteuse de novo nun escenario de homenaxe ao poeta chairego Manuel María. O Convivio da Cultura Galega, que se celebra hoxe, combina música, rutas e foliada para converterse nunha xornada lúdica e festiva, de convivencia, «de recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría de Santa Isabel».Tamén serviu de homenaxe a Rosalía de Castro, con motivo do 180 aniversario do seu nacemento.
Por outra banda, o Convivio pretende converterse nun lugar de reunión das distintas asociacións culturais galegas; de feito, tamén se celebra hoxe un encontro de asociacionismo cultural de base.