Faleceu o escritor vilalbés Agustín Fernández Paz

Un dos autores máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil galega

O que nos gusta é que nos conten historias»">

Lugo

O autor vilalbés Agustín Fernández Paz faleceu esta pasada madrugada en Vigo aos seus 69 anos. Nado en Vilalba, era licenciado en Ciencias da Educación e exerceu como mestre durante máis de trinta anos en educación primaria e secundaria.

Agustín é un dos escritores máis recoñecidos no ámbito da literatura infantil e xuvenil galega e internacional, xa que algunhas das súas obras foron traducidas a varios idiomas. Unha das cousas que máis lle gustaba era que lle contasen historias, mais el tamén as sabía contar. Dende, Avenida do Parque 17, Cartas de Inverno ou O único que queda é o amor; ata as máis recentes, A Viaxe de Gagarín ou A Neve Interminable. Unha biblioteca persoal de máis de medio cento de publicacións da súa autoría.

Durante a súa traxectoria, Agustín recibiu varios galardóns polas súas obras. O premio Lazarillo, Edebé Xuvenil, Barco de Vapor, Merlín, protagonista Jove, Edebé Infantil, Rañolas, Raíña Lupa, Martiño Sarmiento, Xosé Neira Vilas ou o premio Trasalba. Agustín cría que as palabras posuían a forza necesaria para cambiar o mundo e afirmaba que os libros eran imprescindibles para axudar a soñar e a vivir.

Sempre tivo moi presente a súa vila natal e Vilalba tamén o tivo a el. Precisamente, hai apenas uns meses, antes do remate do ano escolar, o IES Santiago Basanta Silva púxolle o nome de Agustín Fernández Paz a biblioteca do seu centro nun dos actos do seu cincuentenario.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
26 votos
Comentarios

Faleceu o escritor vilalbés Agustín Fernández Paz