Manuel Varela López, nomeado presidente de Caixa Rural Galega

Sustitúe a Pardo Montero, falecido o pasado mes de outubro


 Manuel Varela López, foi nomeado o pasado sábado Presidente de Caixa Rural Galega nunha Asemblea Xeral celebrada en Lugo. Dito nomeamento tivo lugar no ano do cincuenta aniversario da entidade. Manuel Varela López relevou a José María Pardo Montero, quen ostentou a presidencia dende o ano 1986 ata o seu falecemento no pasado mes de outubro.

Varela foi ata agora Presidente en funcións e dende xuño de 2015, Vicepresidente. É profesor de ensinanza secundaria e leva anos vinculado ao sector agroalimentario e ao cooperativismo galego. Este mestre formou parte do Consello Reitor da Cooperativa Melisanto dende o ano 1992 ao 2008, é membro do «Consello Galego de Cooperativas» dende o ano 2006 e forma parte do Consello Reitor de Caixa Rural Galega dende o ano 2000.

Na Asemblea do pasado sábado tamén foi nomeado Vicepresidente da entidade Venancio Manuel Rocha López, membro do Consello Reitor dende 1992.

Aprobación das contas

Entre outros asuntos da orde do día, aprobáronse as contas do exercicio 2015. Segundo explicou a directiva, Caixa Rural Galega acadou un resultado neto superior os 3,1 millóns de euros, o que supuxo un incremento de preto do 70% respecto ó exercicio precedente. «Esta notable evolución débese á mellora de marxes, sobre todo na primeira parte do ano, a un maior volume intermediado e ás inferiores necesidades de dotacións por morosidade e activos adxudicados», considerou. Neste senso, indicou que os depósitos superaron os 720 millóns de euros cun crecemento do 6% respecto de 2014, acadando un novo máximo histórico.

A Entidade considerou que afronta o futuro cunha boa posición de saída, pero o panorama para os próximos anos divísase con importantes desafíos. «Unha etapa de tipos de interese en mínimos históricos, mesmo negativos, e unha regulación e requirimentos cada vez máis esixentes, dificultarán a actividade do sector», considerou.

Por outra banda, fixeron fincapé na dixitalización do negocio bancario e o maior protagonismo futuro de novos competidores centrados en canles alternativas que supoñen retos para o conxunto do sector. «Todas estas cuestións tradúcense en desafíos para a única cooperativa de crédito galega que cumpre 50 anos de andaina, convencida de que poderá adaptarse ás transformacións comentadas, para deste xeito, seguir escribindo páxinas da súa historia», manifestou o novo presidente quen lebrou que se trata dunha historia que nace alá polo ano 1966 en Lugo co obxectivo de servir ás necesidades financeiras do sector agrario, moi necesitado naquel intre de impulsos e instrumentos que lle permitiran modernizarse. Hoxe acada ás catro provincias galegas e a todos os sectores produtivos dende as 46 oficinas que conforman a súa rede .

A Asemblea tamén serviu para homenaxear aos tristemente falecidos durante o ano 2015 D. José María Pardo Montero e D. Luciano Sánchez García, que durante moitos anos exerceron os cargos de Presidente e Vicepresidente da Entidade e que foron lembrados para agradecer e recoñecer o seu labor.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Tags
Comentarios

Manuel Varela López, nomeado presidente de Caixa Rural Galega