Arcadio López Casanova, Premio Otero Pedrayo

La Voz

LUGO

OSCAR CELA

O poeta e crítico literario nado en Lugo foi recoñecido pola Deputación lucense

12 may 2016 . Actualizado a las 21:46 h.

A Área de Cultura da Deputación de Lugo informou, como entidade organizadora da edición do Premio Otero Pedrayo 2015, que trala reunión do xurado do dito premio, acordouse a súa concesión ao escritor lucense Arcadio López Casanova «como recoñecemento á súa extensa traxectoria como escritor e investigador». 

Poeta e crítico literario, tamén é profesor de Literatura na Universidade de Valencia. A súa obra foi enmarcada dentro da xeración e do grupo poético dos Novísimos ou do 68. López Casanova (Lugo, 1942) é membro da Real Academia Galega