Tirapadiante organiza unha xuntanza de grupos tradicionais

Será este sábado na Praza de España


O grupo Tirapadiante, da Asociación Músico Crisanto, organiza a segunda Xuntanza de Grupos Tradicionais, en Rábade, que se celebrará este sábado a partir das 19.00 horas na Praza de España. Actuarán, ademais dos anfitrións Tirapadiante, Son de Cores e Eudemónicas.

Son de Cores, de Becerreá, é un grupo formado por gaiteiros, percusionistas e voces. Naceu hai tres anos froito das ganas dun grupo con inquietude por facer algo cultural e da terra. Queren poñer o seu gran de area na recuperación da pandeira como instrumento emblemático na zona da montaña.

Pola súa banda, Endemónicas é un grupo xa consagrado, cunhas integrantes que levan moitos anos na defensa do patrimonio musical e que teñen o apoio incondicional dos seguidores das músicas tradicionáis polo seu bo facer ao longo destes anos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Tirapadiante organiza unha xuntanza de grupos tradicionais