Os diálogos culturais amplíanse a Brasil, Colombia ou República Dominicana

la voz

O proxecto Culturas en Diálogo da Rede Museística ampliará o seu radio xeográfico a México, Uruguai, Brasil, República Dominicana, Colombia, Perú, Marrocos e Cataluña. A iniciativa foi presentada onte polo delegado da área de Cultura da Deputación, Mario Outeiro; a xerente da Rede, Encarna Otero; a directora do Museo, Aurelia Balseiro, e representantes do tecido social. Durante os vindeiros meses os participantes desenvolverán actividades de investigación, didácticas e de difusión para visibilizar a existencia das distintas colectividades e os nexos entre elas. Un dos proxectos máis ambiciosos é «Dominicanas», que poñerá o foco nas mulleres dominicanas que viven na provincia de Lugo co obxectivo de «desestigmatizar a ollada social maiormente turbada polos prexuízos», e relacionada sobre todo coa prostitución. Tratará de mostrar «como viven en Lugo as familias que deixaron o trópico, as paisaxes de postal, as comidas cargadas de sabores exóticos daquelas terras nas que Cristóbal Colón e os seus puxeran o pé hai catro séculos, e que simbolizaron o comezo dunha nova historia», subliñaron. Haberá encontros, entrevistas ou un álbum. A rede poñerá en valor obras de artistas uruguaios, ademais de organizar obradoiros e «dar voz a uruguaias en Lugo e lucenses que Uruguai». Ademais, o 14 de xullo organizarán no auditorio Gustavo Freire un Festival Mural Folk no que intervirán os grupos Cantigas e Frores, de Lugo; Sentido Sur de Uruguai, T-ta Paramadina, de Indonesia, xunto co músico arxentino Juan Carlos Camba. As mulleres marroquíes terán o seu espazo, e impartirán, entre outros, talleres de hena natural nos catro museos lucenses para celebrar a «alegría do verán».

Novo recoñecemento da UE

O labor da rede museística lucense co tecido asociativo, a sociedade civil e as institucións fixo que a Unión Europea a convidase a un encontro que se celebrará en Barcelona do 30 de xuño ao 2 de xullo para difundir as súas «boas prácticas» no foro «Negociando la participación cultural de los Migrantes», organizada pola Fundación Interarts.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Os diálogos culturais amplíanse a Brasil, Colombia ou República Dominicana