Música sacra de todo o mundo chega a Lugo para festexar o Corpus

Aos concertos, que empezarán o venres 5, súmanse conferencias e concursos


Música sacra de todo o mundo chega a Lugo para festexar o Corpus desde o venres 5 ata o día 12. A cidade da Muralla celebra o segundo Festival Internacional de órgano do Corpus Christi, que por primeira vez se inclúe nunha rede de festivais internacionais de música sacra, A música do peregrino, que se celebrarán en Lugano (Suiza), Milán e Saronno (Italia). Todos teñen como nexo común o Camiño de Santiago.

A primeira actuación terá lugar o venres día 5 ás 20.45 horas, na Catedral de Santa María, coa actuación de Lindy Rosborg (Dinamarca) ao órgano, que interpretará «Adoro te devote». O luns día 8 ás 20.30 horas actuará Stanislav Surin (Eslovaquia) ao órgano na igrexa de Santiago A Nova, interpretando «Lauda Sion Salvatorem». O xoves día 11 ás 20.30 horas actuará na igrexa de San Pedro o Cuarteto Cadencia, de Lugo; a soprano española Lidia Basterretxea Vila; Giulio Mercati, de Italia, ao órgano positivo e dirección. Tocarán «Pange lingua». Por último, o venres 12 na Catedral ás 20.45 horas actúa o organista Stefan Kagl, de Alemaña, con «O sacrum convivium».

O bispo de Lugo, Alfonso Carrasco, explicou que «na música sacra, interpretada ao órgano, resoará a beleza desta Presenza plena, percibida e expresada por artistas ao longo dos séculos, e axudarásenos a introducirnos na anchura e a profundidade deste milagre singular do amor, en que se xuntan xa nesta terra Deus e o home».

Por outra banda, tamén se celebra o IV Encontro Eucarístico Lucense, titulado «Xesús en nós. A esperanza da gloria», do 4 ao 14 deste mes. O xoves día 4 terá lugar a conferencia «Eucaristía y experiencia mística de Santa Teresa», a cargo de P. Salvador Ros García, especialista en Santa Teresa e editor das súas obras. Será na Casa da Cultura de Sarria ás 20.00 horas. Ese mesmo día ás 20.00 horas haberá eucaristía e procesión na Catedral de Lugo.

O sábado 6 ás 12.30, na Biblioteca Nodal haberá concurso fotográfico e certame literario, con entrega de premios e inauguración da exposición fotográfica. Ás 20.00 horas celebrarase a eucaristía na Catedral, coa novena na honra do Santísimo Sacramento. 

O domingo 7, festa do Corpus Christi, haberá eucaristía e procesión na Praza de Santa María, ás 11.00 horas. 

O venres 12 ás 18.30 horas, na Catedral, haberá a conferencia «La Eucaristía, centro de la vida», a cargo de Gerardo del Pozo Abejón, decano da facultade de Teoloxía da Universidade Eclesiástica San Dámaso.

O sábado 13 haberá un recital poético-eucarístico no claustro da Catedral ás 18.30 horas, entres que ás 20.00 horas serán as Vésperas Solemnes na Catedral, seguidas da vixilia xuvenil.

O domino 14 celebrarase a Ofrenda de Galicia ao Santísimo Sacramento na Catedral a partir das 12.00 horas. Presidirá o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, e este ano tócalle facer a ofrenda ao alcalde de Santiago.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Música sacra de todo o mundo chega a Lugo para festexar o Corpus