Estudio Aberto, un programa para artistas e espectadores

Poderán participar oito artistas de diferentes disciplinas artísticas

Algunhas das obras que se pudieron ver o pasado verán.
Algunhas das obras que se pudieron ver o pasado verán.
la voz

A Deputación presentou unha nova edición do programa artístico Estudio Aberto, a iniciativa de residencias artísticas que naceu no ano 2013 dentro do proxecto global Enredarte. Este programa de divulgación da arte e dos artistas volverá a celebrarse durante o verán, desde o 31 de xullo ao 6 de agosto, concluíndo nunha exposición que se inaugurará o venres 7 e se prolongará ata o domingo 30 de agosto.

A Deputación, a través da súa área de Cultura, ofrece a lasa de mostras de San Marcos a artistas de diferentes disciplinas [pintura, escultura, debuxo, fotografía,?] procedentes de todo o mundo, e para que durante unha semana a convertan nun estudio aberto, no que os artistas elixidos disporán dun espazo para crear diante dos visitantes, en diálogo directo con eles e cos outros creadores seleccionados, apuntou o deputado Mario Outeiro.

Pola súa parte, Encarna Lago, unha das coordinadoras da iniciativa, comentou que poden concorrer a esta convocatoria todos os artistas que o desexen, sen exclusións por motivos de idade ou procedencia: «Cremos que é un dos poucos proxectos que existen no Estado no que se pode participar, independentemente da xeración á que pertenzas. Hai que destacar o talante totalmente democrático, participativo e colaborativo que ten».

Paula Cabaleiro, outra das coordinadoras, sinalou que «este programa consta de oito prazas e trataremos de seleccionar un grupo heteroxéneo en canto a disciplinas: pintura, escritura, instalación, debuxo, fotografía e videocreación». Para a selección, os artistas enviarán as súas solicitudes e seleccionaranse por perfís. Distribuíranse polos catro museo da rede provincial, «e volverán inspirados coas coleccións de cada museo e o seu contexto xeográfico e farán o seu traballo a partir desta experiencia. É unha maneira de incorporar o patrimonio, as coleccións e o entorno de todos os museos da Rede, algo que consideramos importante porque aproveitando que soen vir artistas de fóra, en anteriores edicións levámolos, por exemplo, ao Pazo de Tor e volveron abraiados», relatou Cabaleiro.

Como en pasados anos, ademais dos obradoiros e das exposicións, haberá actividades paralelas, como conferencias e presentacións. Aqueles que desexen participar deberán enviar a súa solicitude, xunto co resto da documentación requirida, en formato dixital, antes das 14 horas do 25 de xuño ao enderezo electrónico: xerencia-redemuseos@deputacionlugo.org.

iniciativa artística para o verán

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Estudio Aberto, un programa para artistas e espectadores