O grupo de teatro de Antas participou nun campamento en Balboa

Lucía Rey
Lucía Rey LUGO / LA VOZ

LUGO

Dezasete rapaces participaron en actividades no Museo das Xentes e en rutas pola natureza

12 ene 2015 . Actualizado a las 20:51 h.

Un grupo de 17 rapaces do grupo de teatro da biblioteca de Antas de Ulla participaron nun campamento organizado polo grupo na aldea de Balboa, na provincia de León, segundo explica Teresa Batán. Arte e natureza mestúranse no marco no que os mozos participaron en distintas actividades teatrais, que tiveron lugar no Museo das Xentes. Ademais fixeron rutas por sendeiros naturais. Foron acompañados por dúas monitoras de tempo libre que forman parte do grupo, ademais do actor Rubén Pérez Pombo. Colaborou na iniciativa a área de Cultura da Deputación de Lugo.