Dúas mulleres feridas nun accidente de tráfico en Ribeira de Piquín

LUGO

O coche no que viaxaban saíuse da estrada e chocou contra un valado

05 ene 2015 . Actualizado a las 18:05 h.

Dúas mulleres resultaron feridas nun accidente de tráfico que sucedeu a primeiras horas da tarde nunha estrada de Ribeira de Piquín. A condutora, de uns setenta anos, perdeu o control nunha curva moi pechada e o seu automóvil foi bater contra un valado. Ao lugar acudiron os servizos de emerxencias e tamén persoal de Protección Civil de A Fonsagrada. Os veciños do lugar descartaron que a causa do percance fose a xeada porque, dixeron, levan varios días cun sol radiante dende primeiras horas da mañá.