AGE presentou un novo recurso contra a licencia da canteira de Triacastela

LUGO

Consideran que o patrimonio de Cova Eirós está en perigo

09 dic 2014 . Actualizado a las 18:36 h.

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) presentou un novo recurso de reposición contra o proxecto mineiro aprobado por Decreto de alcaldía no que lle da luz verde á empresa Cementos Cosmos na mina de Don Isidro. O deputado de AGE, Antón Sánchez, volveu denunciar a actitude insensible e irresponsable manifestada pola alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, que unha vez máis obvia a lóxica e pasa por riba da súa obriga de defender o patrimonio de veciños do municipio e de todos os galegos e galegas, atacando coa súa decisión o conxunto de pinturas rupestres da gruta. Para o deputado Antón Sánchez esta aprobación non é máis que un novo ataque ao noso patrimonio pero tamén as asociación e a todos os veciños que están a dar a voz de alarma sobre o que pode ser o fin dun patrimonio irrecuperable. A propia asociación Adega presentou unha denuncia na fiscalía e veciñas e veciños do lugar avisan de que as filtracións de auga ameazan seriamente as pinturas rupestres, únicas na Galiza. «O patrimonio da cova de Eirós está en perigo», insiste Sánchez, quen denuncia a pasividade cómplice da Xunta co Concello de Triacastela, que malia os graves defectos na concesión da licenza de explotación a Cementos Cosmos, non exerceu as súas competencias en protección patrimonial.