«O goberno do PSOE é incapaz de sacar adiante ningún proxecto»

Abraira di que deixará o traballo institucional pero non a militancia política


lugo / la voz

Cando remate o mandato municipal, deixará os cargos políticos, pero non a política. A nacionalista Paz Abraira Sobrado (Meira, 1971), concelleira desde o 2007, non empezará na próxima primavera unha nova etapa da súa vía pensando en volver asumir responsabilidades de representación institucional, pero avisa: «Non deixo nin a política nin a militancia». Enfronta os últimos meses como portavoz do BNG no Concello segura de que volvería a romper o pacto de goberno co PSOE pola imputación de Orozco no caso Pokemon e, en clave de partido, «moi satisfeita pola xente que vén detrás». Ve ao equipo do socialista Orozco «incapaz de sacar adiante ningún proxecto».

-Deixará as responsabilidades para atender un negocio familiar. ¿Como vai ocupar o tempo libre apartada da primeira liña da política?

-Como traballadora autónoma non vou ter moito tempo libre. Para min a primeira liña da política nunca foron os cargos institucionais; para min a primeira liña é a organización, e ese é un traballo que pasa desapercibido.

-¿Como ve neste momento o goberno do socialista López Orozco?

-O equipo que ten, o goberno do PSOE en Lugo, é incapaz de sacar adiante ningún proxecto. Hai unha gran falta de rigor e seriedade. Paréceme que se non marcharamos do goberno local cando o fixemos, a finais do ano 2012, acabariamos marchando más tarde.

-¿Lamentou algunha vez ter roto o pacto de goberno?

-Eu non tiven dúbida ningunha naquel momento de que era o que debiamos facer e non a teño agora. O paso dos meses e dos anos deunos a razón, demostrou que estabamos acertados. A Xustiza determinará o que corresponda, pero non pode haber un alcalde imputado en casos como Pokemon.

-Do tempo en que tivo responsabilidades de goberno, ¿de que está máis satisfeita?

-O BNG impuxo a súa impronta no goberno local. É verdade que tropezamos co PSOE en moitas cousas. En ocasións superamos as diferenzas sen perder a coherencia e noutras fomos inflexibles, como foi na peonalización do tramo da Ronda entre a rúa Vilalba e a praza da Constitución. Paréceme que unha das cuestións pendentes en Lugo é avanzar na peonalización do casco histórico; outra é a mellora da seguridade vial.

-¿Que foi o máis positivo da experiencia municipal?

-O contacto coa xente, sen dúbida.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«O goberno do PSOE é incapaz de sacar adiante ningún proxecto»