«Apetéceme volver a África e penso que co ébola deixámonos levar por un medo irracional»

La Voz

LUGO

29 oct 2014 . Actualizado a las 14:04 h.

Nove anos de misioneiro en Zambia, na República Dominicana e en Haití concédenlle a Ramón Jacobo unha visión interesante sobre a crise do ébola. «Aquí queixámonos de que o persoal sanitario ten unhas condicións, pero todo o persoal que traballa neses países, ¿ten as mesmas condicións de seguridade que hai aquí? E sen embargo non son tantos os misioneiros, membros de oenexés e xente que traballa todos os días cos enfermos os que chegan contaxiados», expón. «Penso que co ébola estámonos deixando levar por un medio irracional», sinala o sacerdote, que se ordenou no 1968, e que confesa que lle encantaría volver ás misións a África «por acompañar a aquela xente que se sinte soa e morre practicamente abandonada porque lle meten á xente tal medo que nin a familia quere saber deles». «Apetecer xa non me apetecía vir, pero a saúde é a que impón un pouco as posibilidades», conclúe.