Lugo clausura hortos e Mondoñedo vive As San Lucas

MARÍA CARAVEL

LUGO

OSCAR CELA

17 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

Chegado o outono, algúns froitos están xa recollidos e empréganse como produtos aínda frescos ou consérvanse para que nos acompañen en xantares destes vindeiros meses. En Lugo, a celebración do Día da Flor, organizada pola Deputación, valeu onte para pechar a temporada de verán dos hortos do Rato, que cultivan uns 400 veciños. A deputada Sonsoles López Izquierdo salientou a utilidade social da iniciativa nun día no que houbo degustacións dalgúns do produtos que se cultivan nesas leiras.

Feiras

En Mondoñedo, entrementres, florece o outono cun froito de séculos, As San Lucas. As feiras e festas comezaron onte co pregón, que pronunciou o mindoniense Antón Meilán, profesor da Universidade de Oviedo. Tamén houbo unha ofrenda a Pardo de Cela na Catedral. As festas rematan o luns.