A Asociación Poeta Avelino Díaz preséntase hoxe en Riotorto

LUGO

O colectivo explica as xestións para que ao escritor se lle dedique o Día das Letras Galegas

10 oct 2014 . Actualizado a las 12:30 h.

A Asociación Cultural Poeta Avelino Díaz preséntase hoxe en Riotorto (Casa do Concello, oito do serán). O obxectivo é informar das as actividades que se están a programar para que ao escritor se lle chegue a dedicar o Día das Letras. No acto tamén se expoñerán as liñás básicas da asociación, que está aberta á participación de persoas que desexen colaborar.

O Concello de Riotorto e o de Meira colaboran coa asociación, da que ademais forman parte. Díaz naceu na parroquia de Órrea (Riotorto), aínda que pasou anos da nenez e da xuventude antes de emigrar a América. Hai varias semanas, a asociación realizou un roteiro con saída da parroquia natal do poeta e chegada en Meira.