O 95% destas femias autóctonas paren sen problemas, e a maioría soas

La Voz

LUGO

16 jul 2014 . Actualizado a las 15:55 h.

César Dorado di que o seu rival nas eleccións, Antonio Núñez Torrón, fala de desfeita xenética porque «non se molestou en coñecer o que se fixo desde Acruga nos últimos anos». A porcentaxe de partos que requiriron intervencións diminuíu moito ata que as cesáreas representan menos dun 2%. Ademais, o 95% das femias de Rubia Galega paren sen problema, e a maioría soas: «Isto foi un avance con respecto ao século pasado, onde as dificultades no parto eran un dos problemas da raza. Dende Acruga traballouse na coidada selección dos sementais, nos programas de mellora da raza e a diminución do peso ao nacemento e do control do xene de carácter culón».

En canto ao centro de recría, di que os veterinarios comproban que morfoloxicamente cumpran cun prototipo racial, sácaselles sangue, compróbase que sexan fillas de Rubia Galega e mírase na súa ascendencia que o grado de consanguinidade sexa mínimo.