«Hai que recuperar a calidade da Rubia Galega coa selección xenética»

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Ve ilóxico que non poidan votar todos os socios e que haxa só unha mesa electoral

15 jul 2014 . Actualizado a las 06:58 h.

Antonio Núñez Torrón é un dos dous candidatos á presidencia de Acruga -o outro é o actual dirixente, César Dorado-, cuxas eleccións serán este sábado. Este veterinario de profesión desde hai 34 anos e titular dunha explotación gandeira en extensivo desde hai 29, explica que a súa candidatura fórmaa un equipo de dez gandeiros que queren loitar polo futuro da raza Rubia Galega aportando unha mestura de experiencia e modernidade: «Somos xente profesional con ampla experiencia no sector, nas especialidades de tradicional, extensivo, intensivo e ecolóxico».

-¿Por que di que a Rubia Galega está desvalorizada?

-Hai unha gran desfeita xenética desde o 2004 porque se favorece a introdución de razas cárnicas de fóra. Os datos do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino son alarmantes: nos últimos tres anos caeu en máis dun 11% o número de animais inscritos no libro xenealóxico, pasando das 33.265 femias no 2011 ás 29.721 no 2013.

-¿Como se pode cambiar esta tendencia?

-Hai que recuperar a calidade da Rubia Galega coa selección xenética, porque estamos perdendo o tren por non aplicar as novas tecnoloxías. Nós queremos impulsar un programa de selección xenética en raza pura para recuperar as calidades maternais, a facilidade do parto e a produción leiteira. Para elo, faremos un núcleo de selección coas mellores femias da raza na Granxa Gayoso Castro, con técnicas de transferencia embrionaria, fecundación in vitro, etc. Ademais, hai que aumentar o número de xatos na nave de testaxe para a valoración individual. Actualmente, Acruga mete dez ou doce exemplares ao ano, e selecciona un ou dous xatos para touros de inseminación. Este é un número moi deficiente que vai provocar unha perda de variabilidade xenética e mesmo pode comprometer o futuro da raza. Na nosa opinión, terían que introducirse máis de cincuenta xatos e seleccionar polo menos catro. Parte dos machos non escollidos formarían parte das poxas de Acruga. Por outra banda, actualmente están entrando tamén vacas e touros na nave de testaxe, cando só deberían entrar animais xóvenes. Iso é unha neglixencia e pode supoñer riscos sanitarios.

-¿Que opina do que ocorreu esta fin de semana na poxa de Castroverde?