Unha peza súa gaña un premio no apartado de artesanía tradicional
28 jun 2014 . Actualizado a las 16:09 h.O traballo de Xaneco Tubío como artesán fabricante de instrumentos vén de ser recoñecidO pola Deputación da Coruña. A institución concedeulle o premio no apartado de artesanía tradicional no certame que leva o nome de Antón Fraguas. A obra Zanfona CarneiFona foi seleccionaDa polo xurado entre un total de 219, elaboradas por 64 artesáns.
A obra gañadora formará, xunto con outras, o contido dunha exposición que percorrerá diversas vilas e cidades da Coruña, segundo anunciou hoxe Tubío. O artesán de Outeiro de Rei recoñeceu que para el era «unha honra» acadar ese recoñecemento, que supón, dixo, un paso máis nunha traxectoria profesional de máis de vinte anos.