A romaxe de San Alberte recupérase con Díaz Castro

Xosé María Palacios / Suso Pena GUITIRIZ

LUGO

FOTO SUSO

A Quenlla presentou un cedé con poemas do autor de «Nimbos»

19 may 2014 . Actualizado a las 16:47 h.

A romaxe de San Alberte, o santo da fala de acordo coa tradición popular, tivo onte, nos arredores da capela situada na parroquia guitiricense de Sambreixo, unha animación da que carecera en anos anteriores. O prodixio tivo unha explicación bastante lóxica, pois a comunidades de montes e a Asociación Cultural Xermolos organizaron actividades variadas pola mañá e pola tarde co poeta Xosé María Díaz Castro como fío condutor.

O programa comezou cunha mostra de artesanía, e tivo o seu peche coa actuación do grupo A Quenlla, que dentro da capela interpretou pezas do cedé Desorballando outonos, editado este ano con poemas que Xosé María Díaz Castro foi escribindo ao longo de toda a súa vida. A presenza de público axudou a dar brillo a unha xornada que prolongou a actividade cultural que neste mes, e a pasada fin de semana de maneira especial, se desenvolve arredor do protagonista do Día das Letras Galegas deste ano.