Veciños de Guitiriz leron versos de Díaz Castro

Xosé María Palacios / Suso Pena GUITIRIZ

LUGO

FOTO SUSO

Un recital poético pechou os actos do Día das Letras Galegas

18 may 2014 . Actualizado a las 00:43 h.

Xosé María Díaz Castro soou esta tarde na voz de veciños de Guitiriz. O poeta que naceu nos Vilares protagonizou un recital poético no que xentes da vila leron versos do libro Nimbos e doutros poemas seus. Persoas coñecidas pola súa relevancia social (como o coordenador de Xermolos, Alfonso Blanco) e outras máis anónimas, novos e vellos leron poemas nun acto que tivo unha parte musical, xa que actuaron a Banda Municipal, dirixida por Abel Riveira, e a coral de Xermolos, dirixida por Manuel Vizcaíno. Dentro desa parte musical interpretouse o himno galego, e entre os que o cantaron estaban dous fillos do poeta, Maite e íñigo, asistentes ao acto, que tivo lugar nunha Escola Habanera ateigada de xente.