As homenaxes a Díaz Castro inclúen tamén representacións teatrais

X.M.P. VILALBA

LUGO

FOTO CEDIDA

O programa Maio de Lingua propón obradoiros para xente de idades variadas

15 may 2014 . Actualizado a las 17:04 h.

Unha parte do programa Maio de Lingua, promovido pola Deputación Provincial, oriéntase cara ao teatro. Trátase da denominada Lingua Viva, que se organiza en colaboración co grupo Palimoco Teatro e que se orienta este ano á figura de Xosé María Díaz Castro, protagonista do Día das Letras Galegas. O vindeiro domingo, en varias prazas do centro de Lugo, representarase A beleza feriume para sempre, inspirada no poeta de Guitiriz.

Os que intervirán nas representacións son persoas de diversas idades que teñen participado nos obradoiros que o grupo Palimoco Teattro, dirixido por Paloma Lugilde, vén celebrando ao longo deste mes. Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación de Lugo, salientou esta mañá, na presentación da actividade do domingo, que a iniciativa axudaría a achegar máis ao gran público a figura de Díaz Castro.