Vicepresidencia da Deputación analiza coa Fapacel a nova lei educativa

Consideran que a Lomce «traerá nefastas consecuencias»


Os deputados nacionalistas da Deputación mantiveron unha entrevista coa representante da federación de Anpas de Lugo, Elvira Lombao, para falar da Lomce no vindeiro curso. Sinalan que a nova lei obrigará aos estudantes de 11, 3º e 5º de Primaria e 1º de FP a mercar novos libros adaptados, «algo que unido ao recorte do 40% do programa de financiamento de libros de texto e material escolar no ensino obrigatorio pode provocar que haxa alumnos que non podamn acceder aos novos manuais», sinalou o deputado Mario Outeiro. Desde a Fapacel defenden que non é un problema de prioridades das familias, como afirma o ministro de Educación cando se cuestionan os recortes nas axudas sociais á educación.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Vicepresidencia da Deputación analiza coa Fapacel a nova lei educativa