O Concello de Lugo reproducirá en 3D a necrópole de San Roque e o templo romano do Círculo das Artes

L.R. LUGO / LA VOZ

LUGO

ÓSCAR CELA

A iniciativa forma parte do proxecto Muralla Dixital

04 abr 2014 . Actualizado a las 22:01 h.

O Concello de Lugo recreará en 3D a necrópole de San Roque e o templo romano achado no Círculo das Artes para poñer en valor a musealización do patrimonio monumental e arqueolóxico da cidade. O proxecto encadrarase no programa europeo Muralla Dixital, e tamén contará con financiamento do plan Urban, no que colabora a Deputación. A iniciativa incluirá o levantamento planimétrico mediante fotogrametría dixital dos dous restos arqueolóxicos. Para levar a cabo esta labor, o Concello autorizou hoxe un investimento de 10.600 euros, e a Xunta de compras acordou encargarlle a realización do traballo a Digitum 3D. Muralla Dixital é un proxecto transfronteirizo financiado pola UE a través dos fondos Feder. Liderado polo Concello de Lugo, tamén participan nel a USC, o Clúster INEO e as cidades portuguesas de Valença do Minho, Monçao e Melgaço, ademais do Centro de Computaçao Gráfica Azurém.