O Premio Aresa debátese entre sete proxectos de desenvolvemento rural

Os candidatos son catro traballos de investigación, dúas empresas e unha asociación. O galardón faiarase o día 30


Lugo / La Voz

O Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, que se faiará o día 30, debátese este ano entre sete candidatos: catro traballos de investigación, dúas empresas e unha asociación. Son os sete finalistas despois de que o xurado fixese unha preselección entre os presentados para elixir os proxectos que destacasen pola súa viabiliddae, o fomento do emprego e a posta en valor dos produtos da terra. A contía do premio é de 10.000 euros e ofrécese ao gañador a posibilidade de solicitar asesoramento e axuda para desenvolver o proxecto.

Son dúas as empresas finalistas. Unha delas é Alibós, de Monterroso, dedicada á elaboración e envasado de castaña pelada e conxelada, cunha produción de 6.000 toneladas ao ano. Xunto coa Deputación puxo en marcha o Proxecto Soutos, para o aproveitamento dos bosques autóctonos para a recollida e comercialización de castañas. A outra e Quintián, que leva máis de 40 anos producindo leite no Páramo. Cunha cabana de 60 vacas, produce 2.000 litros de leite ao día, o que lle levou no 2010 a crear a súa propia marca de leite fresco pasteurizado que comercializa a través de máquinas expendedoras e de xeito directo.

Tamén está seleccionada a organización Boaga, que representa á maior parte dos criadores de razas autóctonas en perigo de extinción de Galicia, con máis de mil asociados.

En canto aos proxectos de investigación está, por un lado, Árnica Montana, para a creación de empresas de cultivo de árnica en Galicia e abastecer á industria farmacéutica europea, a cargo de Geneaqua SL. Outro proxecto é o da veterinaria María Aurora Estrada Fernández, para a identificación animal por ADN para axudar á trazabilidade total dos produtos cárnicos. A terceira proposta é de Marcos Vázquez Marey sobre as casas de labranza galegas, para fomentar a autoestima dos traballadores rurais. O exemplo pono con Casa de Vázquez, en Láncara. Pecha o listado Viñas Atlánticas, da Deputación de Pontevedra, un aplicativo web que se concibe como unha ferramenta ideada para combater enfermidades propias dos viñedos.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
26 votos

O Premio Aresa debátese entre sete proxectos de desenvolvemento rural