Adai acolle mañá a tradicional subasta de gando

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

25 oct 2013 . Actualizado a las 23:15 h.

O recinto feiral de Adai, no Corgo, acolle mañá desde as 12.00 horas a tradicional subasta de gando, coa poxa de 16 novillas preñadas con idades comprendidas entre os 18 e os 28 meses e de dous novillos de 17 e 18 meses, todos eles de Rubia Galega. Os animais proceden do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, que depende da Deputación de Lugo, e de seis explotacións de gandeiros de Acruga, de Lugo, Sarria, Castroverde e As Nogais. O prezo de saída para as reses de Acruga será de 1.800 euros, a mesma cantidade que fixaron os donos do resto de novillas. Só unha delas partirá cun prezo de 2.100 euros. O dos machos oscilará entre os 1.600 e os 1.800 euros.

Os interesados en participar na subasta poderán retirar a súa tarxeta unha hora antes do comezo da poxa, no mesmo recinto feiral de Adai. Os compradores terán unha axuda de Caixa Rural de 200 euros por femia e de 300 por macho.