«Seguiremos loitando porque a educación é o futuro do rural»


A ANPA do colexio do Incio é un dos colectivos máis activos da plataforma en Defensa da Montaña e do Rural creada hai agora un ano e que agrupa a familias e entidades sociais dun bo número de concellos do interior lucense, como Cervantes, Samos, Triacastela, Navia, As Nogais, Pedrafita ou Becerreá. E vaino seguir sendo, segundo quixo recalcar onte a súa voceira. «Aínda que parece que no noso caso nos van conceder o mestre que demandabamos, seguimos loitando, non imos baixar a garda porque a educación é o futuro do rural», subliñou Belén Martínez. Nesa liña recordou que a próxima etapa do Camiño de Santiago ata Fisterra contra os recortes educativos está convocada para o sábado 10 de agosto.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Seguiremos loitando porque a educación é o futuro do rural»