Presentan en Guntín o libro premiado no certame Conde de Pallares

É obra do profesor lucense Federico Vázquez


Na Casa da Cultura de Guntín presentouse esta tarde o libro «As bandas de música no Concello de Guntín», do lucense Federico Vázquez de la Fuente, obra gañadora da quinta edición do Certame de investigación Condado de Pallares. O certame de investigación xa leva tras de si seis edicións, e téñense feito co premio estudos realizados sobre diversos ámbitos da cultura galega vinculados aos territorios que no século VI se constituíron baixo o Condado de Pallares e que hoxe se correspondería cos concellos de Taboada, Guntín, Portomarín, Chantada e Carballedo. Na presentación estiveron o propio autor e o delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Mario Outeiro. Desde a Área de Cultura da Deputación mostrou o seu compromiso con esta convocatoria desde a súa posta en marcha «por tratarse dunha iniciativa que ten como obxecto a recuperación dunha parte do noso patrimonio material e inmaterial, e non só por incentivar a investigación senón tamén pola súa compoñente divulgadora, ao publicarse o traballo para o coñecemento posterior, como é o caso deste traballo sobre as bandas de música do Concello de Guntín», explicou o delegado provincial.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Presentan en Guntín o libro premiado no certame Conde de Pallares