Margarita Ledo presenta o sábado en Lugo o seu filme «A cicatriz branca»

Redacción LUGO / LA VOZ

LUGO

OSCAR CELA

Con esta proxección, no Gustavo Freire, péchase o ciclo «Cinema no Auditorio»

02 may 2013 . Actualizado a las 23:08 h.

A escritora, cineasta, catedrática de Comunicación Audiovisual e numeraria da Real Academia Galega, Margarita Ledo Andión, presenta este sábado en Lugo o seu filme «A cicatriz branca», baseada na súa novela que leva o mesmo nome, editada por Xerais. A proxección terá lugar ás 19.00 horas no Gustavo Freire, custará 2 euros e servirá de peche para o ciclo «Cinema no Auditorio», organizado polo clube Valle-Inclán, o Concello de Lugo, a Xunta e a Federación de Cineclubes de Galicia.

«A cicatriz branca» relata a historia das mulleres galegas que a comezos do século XX emigraban soas a Bos Aires, onde eran acollidas polas Carmelitas Terciarias, as «Hijas de María» ou pola «Sociedad Protectora de la Joven Sirvienta». Necesidade, abandono, agresións sexuais, nais solteiras nunha sociedade burlona... conforman a paisaxe de fondo do filme.