A USC edita unha obra sobre o poeta José Ángel Valente

lugo / la voz

LUGO

García Herradón e Claudio Rodríguez Fer, onte na presentación.
García Herradón e Claudio Rodríguez Fer, onte na presentación.

04 abr 2013 . Actualizado a las 06:00 h.

A cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC presentou onte na facultade de Humanidades de Lugo o libro Valente vital (Galicia, Oxford, Madrid), que recolle o legado e as vivencias da infancia e da mocidade do poeta ensaísta e tradutor, que naceu en Ourense no 1929 e morreu en Xenebra no 2000. O director da cátedra e coordinador do proxecto, Claudio Rodríguez Fer, sinalou que a publicación supón pouco menos que «a obriga contraída e o agradecemento da Universidade de Santiago ao propio Valente polo seu valiosísimo agasallo». Nese sentido recordou que o autor cedeu á institución de todo o seu arquivo documental, unha biblioteca formada por máis de 12.000 volumes.

Carácter biográfico

O libro ten un marcado carácter biográfico, pois compila exhaustivas investigacións realizadas por Rodríguez Fer, Marta Agudo e Manuel Fernández Rodríguez. Na presentación tamén participou a pintora María José Santiso, así como a decana de Humanidades, María Isabel González Rey, e o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Pedro García Herradón. O acto rematou cun «panorama literario vital», no que interviu Pablo Iglesias Núñez, delegado da asociación Amical de Mauthausen e outros campos nazis, e fillo da activista antifascista Mercedes Núñez.