Manuel Castro Santamariña segue a a presidir o Iescha

LUGO

A entidade renovou parcialmente a directiva nunha asemblea na que se avanzaron algúns proxectos

23 mar 2013 . Actualizado a las 19:17 h.

A nova directiva do Iescha ten continuidade e novidades. Continuidade é, por exemplo, a presenza de Manuel Castro como presidente ou de Arturo Gómez Mato como secretario, mentres que Marisa Barreiro vén de entrar como vicepresidenta. Nas asembleas celebradas onte á noite no Audiotorio de Vilalba (primeiro houbo unha ordinaria, e logo, unha extraordinaria), non só se elixiron membros para a directiva senón que se falou de proxectos para o futuro máis ou menos inmediato. Por unha banda, o Iescha manterá iniciativas como a excursión denominada Ruta Chairega e cambiará este ano o certame de pintura rápida por un de fotografía; por outra, prevé editar a obra do profesor e crego Bernardo García Cendán, que faleceu no 2012 e que foi un activo colaborador da entidade.