Xermolos defende que Ferrín continúe na Real Academia Galega

LUGO

«Non se pode prescindir da súa valía», di o coordinador, Alfonso Blanco

08 mar 2013 . Actualizado a las 17:08 h.

A presenza de Ferrín na Real Academia Galega é importante para Xermolos, máis alá de que sexa presidente ou membro numerario. «Coas ideas que teña, todo o que fai faino con valentía e coraxe», engade Blanco, que lembra ademais que o autor de «Con pólvora e magnolias» louvou, hai xa anos, o labor que estaba a desenvolver a asociación guitiricense na recuperación da figura do poeta Xosé María Díaz Castro. Por outra banda, Ferrín ten estado nos últimos tempos en actos organizados por Xermolos na comarca chairega, como a dedicatoria dun Hectómetro dos soños a Margarita Ledo Andión. Ese recoñecemento, que levan a cabo Xermolos e máis a Irmandade Manuel María, consiste en dedicar un treito das beiras do Magdalena, preto do Muíño do Rañego, a unha figura das artes e das letras.