Rodríguez Fer leva á Quinta Avenida os seus versos do amor natural

LUGO

O poeta lucense presenta mañá en Nova York a edición bilingüe de «Trigres de ternura», Premio da Crítica Española en 1981

04 mar 2013 . Actualizado a las 20:15 h.

Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956) sempre foi un poeta galego universal. Este martes presentará en Nova York ?a cidade na que máis tempo morou fóra de Galicia? a cuarta edición de Tigres de ternura, coa que gañou en 1981 o Premio da Crítica Española. Esta reedición conta coa tradución dos versos ao inglés, feitos por unha especialista na obra de Fer, a profesora estadounidense Kathleen N. March.

Así, Tigres de ternura/Tender tigers, publicado por Toxosoutos, presentarase ás seis e media da tarde no Graduate Center da Universidade da Cidade de Nova York (CUNY), no 365 da Quinta Avenida. O recital, coloquio e presentación contará coa participación como lectora en inglés da profesora Magdalena Sagardia.

Tigres de ternura foi o segundo poemario de Fer e xa amosaba algunhas das temáticas dos case vinte libros de poesía que virían despois: o amor natural, a sedución a través dos versos, o erotismo, a sensualidade, en definitiva o amor como algo persoal, libertario e íntimo.