O Museo Provincial proxectará o martes o filme «O Apóstolo»

Laura López LUGO / LA VOZ

LUGO

Vicepresidencia da Deputación pon en marcha unha nova iniciativa cultural pola rede museística provincial

15 feb 2013 . Actualizado a las 21:48 h.

O Museo Provincial de Lugo acollerá o martes a proxección do filme O Apóstolo, dentro dunha nova iniciativa cultural posta en marcha pola Vicepresidencia da Deputación que comeza esta tarde no Pazo de Tor. O vicepresidente, o nacionalista Antonio Veiga, explicou que o programa de actos inclúe unha presentación das maquetas cos decorados da película, que a partir de agora pasan a formar parte da exposición permanente. O deseño inspírase na arquitectura tradicional e nas paisaxes da comarca. Despois haberá unha conferencia de Isabel Rey e de Fernando Cortizo (director e guionista do filme) titulada A trastenda dunha rodaxe de stop motion. Finalmente proxectarse a película. Este mesmo programa repetirase o martes ás 19.00 horas no Museo de Lugo e o venres 1 de marzo ás 19.00 no Museo do Mar de San Cibrao.