Música de homenaxe para os 80 anos de Xesús Mato


1O sacerdote Xesús Mato Mato (Paradela, 1932) foi o protagonista dunha homenaxe musical que lle tributou o Orfeón Lucense polo seu 80 cumpreanos. O acto tivo lugar na igrexa da Nova, en Lugo, e arrincou cunha misa oficiada por Mato, o seu amigo Xosé Manuel Carballo e polo titular da parroquia, Luis Pérez Castiñeira. Numerosos amigos déronse cita no templo a última hora para asistir á cerimonia, na que se recoñeceu o extraordinario labor dun home que segue dando luz á cultura popular galega. A delegación de Lugo de La Voz, da que Xesús Mato é colaborador, súmase con gusto á felicitación.

Concentración de apoio a Palestina

2O adro do Museo de Lugo acolleu unha concentración de apoio ao pobo palestino baixo o lema «Paremos o xenocidio en Palestina. Cultura fronte á barbarie». Participaron, entre outros, os nacionalistas Antonio Veiga, Antón Bao, Mario Outeiro e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez.

Libro de Agrís Villaverde

3O catedrático de Filosofía da USC Marcelino Agrís Villaverde presentou o libro Conocimiento y razón práctica, un recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur. O acto tivo lugar no Círculo e a el asistiron, entre outros, o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro.

Os segredos do pan

4Un cento de panadeiros da provincia de Lugo participaron nun curso e nunha demostración sobre pan e produtos derivados que se celebrou en Distribuciones Rebollal e Hijos, no polígono do Ceao. ¡Saborosísimo!

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Música de homenaxe para os 80 anos de Xesús Mato