Numerosos estudantes celebran un magosto no campus de Lugo

Lucía Rey
Lucía Rey LUGO / LA VOZ

LUGO

OSCAR CELA

A Liga Estudantil Galega reparte máis de 60 quilos de castañas e chourizos na Escola Politécnica

21 nov 2012 . Actualizado a las 23:23 h.

O campus de Lugo acolle a estas horas un magosto popular organizado pola Liga Estudantil Galega. Ducias de estudantes concéntranse xa na Escola Politécnica Superior para compartir castañas de balde, chourizos, cervexa ou empanada. En total repartiranse máis de sesenta quilos do froito máis típico do outono. O obxectivo da cita é promover as tradicións galegas e dalas a coñecer aos máis de 200 alumnos estranxeiros que estudan no campus lucense. Haberá música tradicional, queimada e foliada. A organización sinala que parte da recadación destinarase a axudar aos estudantes que foron multados o curso pasado por participar no peche que houbo na Intercentros contra os recortes en educación.