«A saúde da poesía galega é magnífica e as poetisas teñen unha forza tremenda»

la voz

Antonino Nieto estivo onte en Lugo para presentar unha inédita antoloxía poética de 90 poetas vivos galegos que leva por título Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía contemporánea gallega. Trátase dun volume de 900 páxinas cos poemas traducidos ao castelán (feitas polos propios poetas ou persoas de confianza) para dar a coñecer a poesía galega fóra de Galicia, incluso en Latinoamérica.

-¿Cales foron os criterios de selección?

-A moitos xa os coñecía pero outros funos coñecendo por indicacións de amigos como Fernán Vello, Rodríguez Fer, Carmen Blanco ou Outeiriño, e así uns fóronme levando a outros, ata amosar poetas consagrados, novísimos e ata poetas de bares e discotecas.

-¿Hai presentación dos autores e dos poemas?

-Non, preferín facer un limiar amplo e logo poñer os poemas limpos, para que o lector se faga unha composición de lugar, que os elixa e os deguste. Ademais, son todos autores que escriben en galego e en castelán, pero que pertencen á mesma cultura. Non quería facer distincións, que o lector saque as conclusións.

-¿Cal é a saúde da poesía galega?

-Magnífica, unha colleita de poetas para todos os gustos, de todo tipo e estilos que fan un conxunto excelente.

-¿E a presenza feminina é abundante na nova poesía galega?

-Sen dúbida, e cunha forza tremenda. Cada vez hai máis e son mellores.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos

«A saúde da poesía galega é magnífica e as poetisas teñen unha forza tremenda»