Alumnos lugueses berran, cantan e corren polo galego

maría caravel

LUGO

OSCAR CELA

09 may 2012 . Actualizado a las 06:59 h.

Un milleiro de escolares de vinte centros educativos tomaron onte a capital lucense para proclamar o seu apoio á lingua galega. Os participantes na edición número 13 do Correlingua deixaron mostras do seu compromiso co galego por medio de pancartas e actuacións teatrais e musicais, co lema: Galego, todo o que buscas.

Gravados na Biblioteca

A medida que se achega o final do curso, os alumnos van dando mostras do aprendido. No caso dos estudantes da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, que dirixe Esther Muñoz, temos boas probas do aprendido a través dos seus traballos. Uns podémolos ver dende hai uns días na mostra aberta no Museo e os realizados polo alumnado de Gravado e estampación están expostos dende onte na Biblioteca Provincial.

Gran paella en Momán

Para facer unha paella poden ser necesarias, por exemplo, 14 persoas. Así ocorreu, sen ir máis lonxe, en Momán o pasado sábado, día no que se celebrou unha nova edición da festa de exaltación deste manxar mediterráneo. O amplo número de participantes na elaboración tivo logo correspondencia na aínda máis elevada cifra de comensais: 400, entre eles o párroco, Luis Rodríguez Patiño. Arroz, costela, polo, mexillóns, gambas e calamares foron os principais ingredientes desta multitudinaria paella.