Proxectos de deseño gráfico e de interiores, cerámica, fotografía, gravado e serigrafía poden verse no museo
27 abr 2012 . Actualizado a las 06:59 h.Dende onte está aberta no Museo de Lugo a exposición Converxencias 2012, unha mostra composta por unha selección de obras e proxectos realizados nos últimos anos polos alumnos dos diferentes ciclos e estudos impartidos na Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón.
O deseño gráfico e de interiores, a cerámica, a fotografía, os medios audiovisuais o gravado e a serigrafía artística cohabitan e interactúan reciprocamente nun espazo común, escenario de intersección das distintas especialidades da escola. Noutro senso a exposición tamén é nexo de converxencia da escola e a cidade luguesa. Como actividades complementarias desta mostra están previstos un obradoiro de cómic, impartido por Kiko da Silva o 14 de maio; unha táboa redonda sobre teoría e praxes das ensinanzas artísticas de deseño, o 24 de maio, e unha conferencia sobre exposicións en liña e itinerarios narrativos, impartida por José Nicolás del Río Castro, o 29 de maio.