Fin dunha fin de semana de libros, coros e viño novo

maría caravel

LUGO

PRADERO

23 abr 2012 . Actualizado a las 07:00 h.

1Coa meta de achegar aos pequenos a lectura para fomentar o seu espírito crítico e a súa imaxinación comezou onte a Semana do Libro e da Lectura da Deputación. Ducias de cativos pasárono bárbaro coas trasnadas e xogos de Pablo Trasno.

Viño novo en Negueira

2 O viño novo, como din os lugareños, foi un motivo ineludible para que un ano máis se deran cita en Negueira de Muñiz colleiteiros, clientes, veciños, políticos -entre eles, a conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana- e tamén moita xente con ganas de farra e de pasalo divertido. Postos de polbo, de produtos tradicionais da zona, e tamén as dúas casas de turismo rural do lugar, atenderon unha numerosa parroquia de comensais.

Tenis de mesa Rioplatenses en Lugo

3A asociación de inmigrantes e retornados de Arxentina e Uruguai celebrou o seu quinto aniversario cun campionato de tenis de mesa. Remataron o encontro na cafetería El Mundo.

Coro Luigi Boccherini

4E ao mediodía, na igrexa de San Pedro actuou o coro Luigi Boccherini, de Boadilla del Monte.