A música de Miro Casabella exaltou a Galicia máis poética

O público gozou ao máximo do concerto do ex de Voces Ceibes e Doa

la voz

O cantautor lucense Miro Casabella (Ferreira do Valadouro, 1946) encheu onte á noitiña a Praza do Campo Castelo cos sons da Galicia máis poética. Casabella, unha das voces máis destacadas da canción galega, ofreceu un concerto repleto de cancións inspiradas nalgunhas das composicións poéticas máis sobranceiras da tradición galaico portuguesa, nunha noite con moi boa temperatura e rodeado de terrazas ateigadas. Desde os cancioneiros medievais de trovadores como Don Dinís, Airas Nunes, Afonso X ou Martín Codax, á poesía do século XX de autores como Celso Emilio Ferreiro, pasando por obras de Rosalía de Castro. O público gozou ao máximo da actuación do ex integrante de Voces Ceibes .

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

A música de Miro Casabella exaltou a Galicia máis poética