O alcalde de Castro di que o anterior goberno adebedaba 210.000 euros

lugo / la voz < / span>

LUGO

07 jul 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O alcalde de Castro de Rei, o popular Francisco Balado, sostén que a situación económica do Concello non é tan boa como deixou entrever o anterior rexedor, o socialista Juan José Díaz Valiño, cando abandonou o cargo. Segundo Balado, só en facturas de obras feitas na campaña electoral hai unha débeda de más de 140.000 euros. Por outra banda, «o Concello adebeda máis de 40.000 euros á empresa concesionaria da gardería de Castro de Ribeiras de Lea, que non cobra dende o mes de xaneiro e ten dificultades para pagarlles ás traballadoras, e tiña pendentes de facer á Mancomunidade de Municipios da Terra Chá achegas por máis de 30.000 euros.

Xa por último, o alcalde critica que o anterior goberno socialista tivese estancadas as licenzas municipais, habendo algunhas que levaban máis de tres anos presentadas. Balado confía que os ingresos pendentes por licenzas de obras sexan os que permitan remontar a crítica situación económica pola que está a atravesar na actualidade o Concello de Castro de Rei.