Acruga rende homenaxe hoxe na súa asemblea a 17 gandeiros xubilados

lugo / la voz < / span>

LUGO

28 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

A consecución do premio Aresa e o convenio marco asinado con Ternera Gallega foron algúns dos logros acadados por Acruga no pasado ano. Nestas circunstancias, a Asociación de criadores de rubia galega celebra hoxe a súa asemblea xeral, na que, ademais de homenaxear a varios gandeiros socios que se xubilaron no último ano, fará un repaso aos resultados acadados no 2010 en asuntos como os prezos medios das poxas e o número de reses vendidas, as exportacións de doses seminais e o crecemento da cifra de explotacións e animais inscritos no libro xenealóxico.