Gústanlle The Beatles, a fotografía, a lectura e viaxar

La Voz

LUGO

20 may 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

29. ¿Cal é o último libro que leu? ¿E recorda cal foi o primeiro?

-Estou acabando de ler Hojas sueltas, de artigos do profesor Delgado. E o primeiro libro como libro que lin non se me olvida. Foi Luiso, que tiñan os Maristas como libro de lectura, e que contaba a historia dun rapaz.

30. ¿Quen é o seu escritor favorito?

-Albert Camus, sobre quen fixen a tesiña.

31. ¿Cal é o último disco que comprou e onde?

-Un disco con DVD de Diego el Cigala que merquei nunha tenda.

32. ¿Cal é o seu cantante favorito?

-Iso non se pregunta: The Beatles. Todo o demais son notas a pé de páxina.

33. ¿Cal é a última película que viu e onde?

-Non recordo o nome, pero sei que foi na última Semana de Cine de Lugo. Na casa nunca vexo cine.

34. ¿E o último concerto?

-O de Joaquín Sabina no San Froilán.

35. Unha película que o marcara...

-La ley del silencio, de Elia Kazan e Marlon Brando.

36. ¿Quen é o seu actor ou actriz favorito?

-Marlon Brando.

37. ¿Cal foi a última exposición que viu?

-Unha de Paco Pestana.

38. Diga tres aficións.

-Gústanme fotografía, a lectura e viaxar.

39. ¿Onde ten previsto ir de vacacións este verán?

-A Sanxenxo, coma sempre, quince días en agosto.