Afeccionado aos seus fillos, a pasear de noite por Lugo e a ler


29. ¿Cal é o último libro que leu? ¿E recorda cal foi o primeiro?

-Os subterráneos da liberdade, de Jorge Amado. E nunca hai un primeiro libro, hai moitos que recordar.

30. ¿Quen é o seu escritor favorito?

-Non teño ningún e teño moitos.

31. ¿Cal é o último disco que comprou e onde?

-Posiblemente algún para os nenos na Festigal, unha feira da cultura que hai en Santiago. Desde os 15 ou 16 anos fun fan do boletín de Discoplay, que xa desapareceu.

32. ¿Cal é o seu cantante favorito?

-Moitos. Tres exemplos de tres estilos: Mel Joao, Berrogüetto e Silvio Rodríguez.

33. ¿Cal é a última película que viu e onde?

-Peter Pan, na casa, cos nenos.

34. ¿E o último concerto?

-O de Xoán Elías Castiñeira e Carmen Subrido de baladas de Xoán Montes.

35. Unha película que o marcara...

-A laranxa mecánica, de Kubrick, pola análise que fai da violencia gratuita.

36. ¿Quen é o seu actor ou actriz favorito?

-Non teño ningún especial. Gústame moito o teatro, onde hai actores galegos moi bos.

37. ¿Cal foi a última exposición que viu?

-A de Mónica Alonso, «Obras 1993-2011: As cores do Museo».

38. Diga tres aficións

-Os meus fillos, pasear de noite con amigos por Lugo e ler.

39. ¿Onde ten previsto ir de vacacións este verán?

-Seguramente pasarei as vacacións coma sempre, entre Lugo, Cruzul e Cantabria.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

Afeccionado aos seus fillos, a pasear de noite por Lugo e a ler