Comezan as actividades da Movida Alternativa Xuvenil

La Voz LUGO/LA VOZ.

LUGO

14 ene 2011 . Actualizado a las 02:00 h.

A Concelleira de Xuventude, Rosana Rielo, presentou a nova programación de actividades previstas para o vindeiro trimestre do programa MAX (Movida Alternativa Xuvenil), que dará comezo hoxe e rematará o 16 de abril. Debido ao grande éxito de moitas das actividades ofrecidas por este programa de ocio xuvenil, a Concelleira de Xuventude sinalou que moitas terán continuidade, se ben haberá algunha que outra novidade, como o concerto de inauguración que terá lugar mañá na Casa da Música.

As actividades dos venres serán: 21.30h-23.00h Cociña para todos/as (Casa da Música), 23.00h-00.30h Patinaxe-Xoquei en liña (Polideportivo de A Piringalla) HL Lugo, 23.00h-00.30h Street Dance (Casa da Música). As actividades dos sábados serán: 18.30h-19.30h Ximnasia na auga (Piscina das Pedreiras), 19.45h-20.45h Ioga (Piscina das Pedreiras), 20.30h-21.30h Tenis de mesa (Parque da Milagrosa) CD Dez Portas, 21.30h-23.00h Tiro con Arco (Galería do parque da Milagrosa) CD Lucus Augusti, 21.30h-23.00h Danza do ventre-danza oriental (Casa da Música), 23.00h-00.30h Bailes latinos (Casa da Música).

Os venres e sábados de 17.00 a 00.30 horas e todos os días da semana de 17.00 a 22.00 horas a Casa da Música ofrece a posibilidade de xogar coa Wii, con xogos de inxenio, con plataformas de baile, billar, ping-pong, internet, entre outras. Todas as actividades son gratuítas e de entrada libre.