A serra do Courel exalta un dos seus produtos máis característicos

La Voz

LUGO

05 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O domingo celébrase a edición número 23 da Festa da castaña do Courel, que este ano terá por escenario a capital do municipio, Folgoso. A festa comezará en torno ao mediodía no souto da Carroza, onde se ofrecerá unha degustación de castañas asadas a todos os visitantes. O pregón do festexo será pronunciado por un grupo de alumnos do colexio público local Uxío Novoneyra. Para quen queira disfrutar dun anticipo, a organización tamén ofecerá maña unha chocolatada acompañada por actuacións musicais que comezará sobre as seis de tarde. A Festa da castaña é promovida pola asociación A Coroa en colaboración co Concello do Courel. O veterano festexo gastronómico celébrase cada ano de forma alternada nas dúas localidades máis importantes do municipio: Folgoso e Seoane.