«A Xunta de Galicia non deixou abandonada Baleira e fará a residencia da terceira idade»

La Voz

LUGO

07 ago 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A polémica entre a Deputación Provincial e o Concello de Baleira con respecto á construción dunha residencia da terceira idade neste municipio marcou a actualidade nos últimos meses, nos que houbo duros cruces de acusacións por ambas partes.

-¿Que vai pasar coa residencia de Baleira?

-A Deputación mentía cando dicía que non tiñamos terreos nin proxecto para facer a residencia. O único que fixo o organismo provincial foi incumprir o compromiso que tiña adquirido e roubarlle a Baleira 298.000 euros. Afortunadamente, a Xunta de Galicia non deixou abandonada a Baleira e vai ser ela a que constrúa a residencia. Temos solar e temos proxecto, e só nos quedan pequenos trámites administrativos nos que está traballando a Administración autonómica. Ademais, saímos gañando co cambio, xa que non teremos unha residencia de unicamente dez prazas, senón que na que se faga haberá cabida para 26 residentes, entre persoas válidas e asistidos.